Noticias

MASTERCLASS EN FAMILIA DE HIP HOP CON STAR DANCE DE 5 A 16 ANOS

MASTERCLASS EN FAMILIA DE HIP HOP CON STAR DANCE DE 5 A 16 ANOS

28/02/2023

Desde Star Dance queremos promover a actividade de balde “Masterclass en familia de hip hop con Star Dance” que terá lugar o vindeiro sábado 4 de marzo de 18:30 a 20:00 horas no Pavillón Polideportivo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Esta Masterclass forma parte do Plan Corresponsables da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo a conciliación a través da actividades físico-deportiva.

Poden asistir todos os nenos e nenas de 5 a 16 anos e, ao ser unha actividade en familia, poderán participar co seu pai, nai, irmán, irmá ou adestrador/a, se así o desexan.

Procedemento para a inscrición: Acceder á WEB:

Para calquera consulta poden poñerse en contacto coa Escola de Danza Star Dance no 686996483 (Berta).
Agardamos que esta información sexa do seu interese.
Un saúdo