MULLER E IGUALDADE VISIBILIZARÁ ÁS MULLERES CIENTÍFICAS COMO REFERENTES PARA AS CATIVOS E OS CATIVOS CONA CCIÓNS A PÉ DE RÚA
A Concellería de Muller e Igualdade conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada 11 de febreiro, cun "Memory" de cartas xigante. Trátase dun xogo que se levará a cabo nos parques infantís e as súas inmediacións en horario das 16.30 ás 18.30 horas dende este venres 10 de febreiro ao vernes 17 de febreiro.
O xogo consiste na elaboración dun Memory xigante de cartas con aportacións de 10 mulleres científicas. Dito xogo consiste en facer parellas, casando a imaxe de cada científica nunha carta co seu logro na outra. As cartas póñense boca abaixo e, en cada quenda, cada xogador/a dá volta a dúas cartas. Se son parella gaña, e se non colócanse no seu sitio.
Esta actividade está dirixida a público infantil e familiar e non é precisa inscrición.
Concretamente, serán os seguintes parques infantís os que acollan a programación:
Parque infantil da Praza de Augas Férreas: 10 de febreiro
Parque infantil da Praza Agro do Rolo: 11 de febreiro
Parque infantil da Praza de Bretaña: 13 de febreiro
Parque de Rosalía de Castro: 14 de febreiro
Parque infantil de Campo Castelo-Praza Maior: 15 de febreiro
Parque infantil da Praza do Castiñeiro: 16 de febreiro
Parque infantil de Paradai: 17 de febreiro
A acción faise co obxectivo de aportar referentes femininos no eido científico e axudar a espertar as vocacións das cativas no ámbito das STEM, contribuíndo así a eliminar os prexuízos na elección profesional de rapaces e rapazas e máis a visibilizar mulleres científicas esquecidas e/ou eliminadas na nosa tradición académica.